Os carteis do Estatuto de Autonomía de 1936.

En 1936 varios debuxantes galegos puxeron a súa arte ó servizo da política. Estes artistas tiñan un claro obxectivo: a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Castelao, Seoane, Camilo Díaz Baliño  ou u seu fillo Isaac Díaz Pardo foron algúns dos creadores.

Cartel de Camilo Díaz Baliño

Para comezar escollín a Camilo Díaz Baliño para contarche que os carteis imprimíronse no seu taller, situado en Santiago.

Neste cartel que diseña podes ver unha clara simboloxía nacionalista. Isto non é nada raro xa que foi un galeguista moi activo dende a creación das Irmandades da Fala da Coruña.

O seu pensamento levouno a ser fusilado en 1936.

Os carteis que realizou o seu fillo, Isaac Díaz Pardo xa contan cunha imaxe máis atrevida. Posiblemente froito da súa xuventude xa que realizounos con tan só 16 anos. Neles apreciarás que utilizou a estética comunista para a súa propaganda a favor do Estatuto.

Carteis de Isaac Díaz Pardo
Carteis realizados por Isaac Díaz Pardo

En 2008 o propio Isaac Díaz declaraba nunha revista: “Rusia era nese momento un exemplo de liberdade para todo o mundo, de acabar coa reacción, unha nova forma de loitar pola liberdade. Pero, claro, os tempos cambian e as cousas cambian tamén”.

Cartel de Luis Seoane

Outro rapaz moi novo que participou nesta propaganda electoral foi Luis Seoane.

No cartel “O ESTATUTO LIBERTARÁ A NOSA TERRA” podes ver como Seoane utiliza o polbo como símbolo do gogerno central. Este goberno asfisia a un home que é o que representa a Galicia.

Antes de pasar a outro cartel non podo deixar de contache que, anos máis tarde, os xovenciños Seoane e Isaac Díaz unirían as súas habilidades no diseño para crear o grupo Sargadelos.

O cartel “Para que remate esta vergonza VOTA O ESTATUTO” de Castelao é un fito dentro da propaganda política na nosa cultura.

Castelao. 1936

Neste caso Galicia é representada por unha vaca. A esta vaca dalle alimento o pobo galego (a muller)  pero é o estado español (o señorito) o que leva os beneficios.

Castelao acude á arte popular galega e a cores moi intensos para expresar en pintura o seu pensamento político.

“Moito se fala do arte universal; mais todo Arte ten a sua patria, todo Arte é o froito dalgunha terra”. Deixou escrito en Arte e Galeguismo de 1919.

E aquí remata a nosa historia dos carteis de propaganda a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Uns carteis que facilitaron que as rúas dos pobos e cidades de Galicia se encheran de arte. Arte comprometida coa causa nacionalista.

Fontes:

Revista GAL(L)EGOS. Número 2, ano 2008.

Catálogo A Galicia Moderna 1916-1936. CGAC. 2005

http://praza.gal/politica/1394/estatuto-do-36-quen-non-ten-liberdade-para-gobernar-a-sua-casa-e-un-escravo-ou-un-incapaz/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s